
Estavamamos-te agardando com impaciéncia. Só fazia falta querer.
Autor: EMF
Já botaba eu de menos os seus desenhos. Xunto cos aduaneiros e mailo Zé d'Ogrobe, imprescindíbels :-)
PS: Mode pelota off.
Fecha: 08/09/2005 11:13.
Autor: FEDERICO
A selección de fútbol da Galiza paréceme unha "chorrada" semellante á que xoga para o estado español. Se non saben falar galego e a presentan, da man da sra. Bugallo, en Madrid. Se queredes ver un campionato nacional de verdade, ollade o que fan os compañeiros de www.ovaral.blogspot.com ou os de xogospopulares.com.
Como din eles: OUTRO DEPORTE É POSÍBEL.
Saúdos e parabéns por este xenial blog.
Fecha: 10/09/2005 11:39.
Autor: MCambeiro
Pois si, só fazía falha querer... pero todos queriamos, mais os de antes nom queríam...
Vese naçom ou nom? cada vez máis, sí...
Fecha: 12/09/2005 18:44.
Autor: abrilsempre
Si, já savia algo do que fazedes co tema da bilharda. Tenho um colega que tamém joga. Parece-me umha iniciativa moi boa. Parabéns. Pero nom creo que sejam cousas incompativeis. A seleçom de futebol si que vai fazer país se somos capazes de que a gente acave orgulhosa do seu equipo ganhe ou perda, porque jogamos nós.
Dacordo tamém em que a maioria dos jogadores da seleçom nom vam falar galego. Isso nom é por ser futebolistas, isso é porque a nosa sociedade, desgraciadamente, fala cada vez menos galego e isso vese em todos os campos (nunca melhor dito).
Fecha: 13/09/2005 09:22.
Autor: zimmer103
a posta en marcha única e exclusivamente da nacional de futbol paréceme un acto de intolerable xenofobia deportiva , os outros deportistas galegos tomamos nota para escupir na cara á conselleira cando se digne a falar con nós e pode facelo
aquí no país e non ter que ir ate o extranxeiro lamberlle o cu a futbolistas retirados para armar unha selección do desguace, aupa uruguai!! tan galegos coma nós!!
Fecha: 29/09/2005 09:44.
Autor: abrilsempre
O deporte rei neste país é o futebol. Por algúm hai que começar. Tedes que ter paciencia e sobre todo fazer tomar a iniciativa e fazer ver que os outros deportes tamém querem seleçom nacional. se nom hai demanda, nom hai seleçom
Fecha: 29/09/2005 09:53.
Autor: FEDERICO
Carrallo, a cousa ponse quente ou alúmenos morna. Propoño ca selección nacional xogue o primeiro partido no estadio do Xetafe, equipa galega infiltrada. Véxase o PSG que levan nas súas camisolas. E se gaña a Galiza, que lles dean unha "prima" cuantiosa ós xogadores que falan galego. Olla canto imos aforrar! Selección de fútbol si, pero que sexa NACIONAL.
PS. E o Nacho, a selección.
Fecha: 30/09/2005 07:52.
Autor: abrilsempre
mal que nos pese, na seleçom galega vam ir os que falam galego e os que nom. os que sintem Galiza como naçom e os que nom. Para uns será seleçom nacional e para outros autonómica.
Eu considero compatriotas incluso a aqueles que nom falam galego, ainda que me gustaria que o falasem. E isso nom creo que se amanhe intentando excluir, senóm intentando concienciar
Fecha: 30/09/2005 09:24.
Autor: FEDERICO
Olla que eu son "fútbolero", para máis datos celtista 100%. Pero fíxate ata o Oubiña resposta en castelán ás preguntas dos xornalistas da radio galega (escoita a rolda de prensa do partido co Sevilla). Non desexo excluir a ninguén pero, se pode ser, que convoquen ós que teñan un concepto do que é Galiza como nación, aínda que sexan das categorías inferiores. Sego pensando que moitos xogadores (non todos) van preguntar:
¿Que é ese pano branco con banda azul?
Que din os rumorosos... ¿é de Ana Kiro?
Ps. Perdoa por darche o "tostón" neste post.
Fecha: 01/10/2005 18:31.

Autor: abrilsempre
nom me das o ´"tostón". :)
Sinto que nom concordemos desta volta tampouco.
Eu som Deportivista 100%, ainda que lhe quero bem ao Celta.
Polo demais, estou bastante dacordo contigo. Penso que o que temos que fazer, pola parte que nos toca (falo d@s afeizoad@s nacionalistas) é intentar dar-lhe ese caracter nacional á nossa seleçom (com orgulho ainda que perdamos 10-0). Hai moito que fazer nese sentido).E seguir reclamando que poidamos competir como naçom em torneos oficiais). Dese jeito ia-se ver que jogadores escolhem seleçom galega ou espanhola.
um saúdo.
Fecha: 04/10/2005 10:00.
Autor: FEDERICO
Xa temos nova camisola, mil raias, nacional. Mestura Depor-Celta. Onde pon Galiza? A sra. Bugallo non se complica ren de ren ... politicamente correcta.
Fecha: 12/10/2005 09:42.