Blogia
abrilsempre

Antigüidades e AC/DC

Antigüidades e AC/DC Hoje estivem numha feira de antigüidades. Son feiras que me encantam ainda que nunca merque nada. O meu peto tem outras prioridades. Atopam-se cousas bem curiosas... sem mencionar a numismática e os libros antigos... vim cousas que me gustarom moito. Uns pupitres do ano da polca, cámaras fotográficas, velhos televisores e rádios... Pero unha das cousas que máis me chamou a atençom forom os cassetes... Que passa!!! Eu ainda escoito algunha música em cassete... Pois alí estavam, os cassetes numha feira de antigüidades. Ademais algunhas eran cintas piratas.. Pensando-o ben toda a minha coleçom de discos de Iron Maiden em versom cassete pirata pode que algúm dia me resolva o retiro. (nom, realmente eu tampouco o creo).
Lerias aparte notei que à feira lhe faltava algo.. algo máis que um simples intercámbio de cousas por dinheiro, botava-se em falta algo de informaçom e de formaçom. Hai moitas cousas que contar sobre as antigüidades, de onde se sacarom, quantos anos tenhem, para que servem (havia cousas que nom tinha nem idea de que eram)... Claro que lhe podia perguntar ao feirante, mais dava a impresom de que o único que queriam era vender. Outra cousa que nom me gustou nada foi a lingua que se utilizou em toda a propaganda deste evento... como podedes imaginar nom utilizarom o galego para nada... umha mágoa. Unha feira de antigüidades que falava de que o mundo das antigüidades é unha valiosa expresom cultural e umha interesante e rentável forma de conservaçom patrimonial (pois vaia conservaçom do noso maior patrimonio, digo eu). O livro de visitas reflexa as minhas inquedanças... Ogalha alguém as escoite.... Ti escoitas-me?

2 comentarios

Raquel -

Prelistada en el directorio de Bitacoras.com :) Puedes añadir una descripción haciendo click en "Añadir bitácora". Gracias.

Títalo -

E por onde cae esa feira de antiguedades?