Blogia
abrilsempre

Seres tabernarios 1. O senhor José

O senhor José é um dos meus seres tabernarios preferidos. Chegou desde algumha parte perto de Ourense a estas terrra hai mais de 60 anos para ficar e traballar de joieiro. O senhor José ten 82 anos e todavía ten alento para contar umha historia cada dia. Nom tem contos para grandes multitudes, os seus contos som para contar em pequenos círculos, entre outras cousas porque fala moi baixinho e hai que prestar-lhe bastante atençom se queres saber de que vai o conto. O senhor José toma um vinho pola manhá e umha cerveja pola tardinha, dia tras dia. É umha persoa moi tranquila e moi retranqueira e quando abre a boca merece a pena prestar-lhe ouvidos... nunca fala por falar.

3 comentarios

dorvisou -

Todalas persoas maiores desexan atopar alguén con quen falar. Alguén que sepa escoitar. Eles sempre teñen algo que contar.
Esta sociedade é moi cruel.

abrilsempre -

Estou seguro de que nom vou ser capaz de convence-lo. El precisa alguém que o escoite, que o atenda quando solta um conto. Fala máis que coas palavras, fala coa mirada, co sorriso pícaro e sobre todo coas mans. O único que poderei fazer, talvez seja traer e esta casa algúm dia algumha das súas histórias.

dorfun -

...habería que invitar ó senhor José a que abrise unha bitácora, non?