Blogia
abrilsempre

Reliquias Dorneiras

Reliquias Dorneiras

Remexendo pola casa. Atopamos fotografías antigas de familiares que nunca coñecín, como a do meu avó materno do que nunca vira unha soa fotografía. Morreu na postguerra.

Outra das cousas que tamén atopamos foi esta invitación ao baile da Festa da Dorna do ano 1962. Nestes 44 anos moitas cousas cambiaron na R. e I. Cofradía da Dorna. O idioma, o carácter reivindicativo, as formalidades. Pero o que si mantén é o ambiente festeiro e lúdico (fixadevos na hora do baile. 23,12 horas). Iso tamén se fai hoxe.

A convidada era unha tía miña que tampouco cheguei a coñecer.

1 comentario

Depósito -

E o baile era na de Cambeiro (moito teño escoitado dese sitio).