Blogia
abrilsempre

De que falam as pedras?

De que falam as pedras? Este fim-de-semana estivem paseando pola praia. vim unha chea de pedrinhas que semelhavam contar-me cousas. algumhas moi pulidas pola erosióm do mar, outras máis novas e afidas, algúns anacos de vidro de diversas cores e formas redondeadas. Pensei entón no paso do tempo, se alguém fixese a biografía de calquera desas pedras.... estivem jogando a mirar cousas nas pedrinhas da praia, como quando olhas o ceo nos dias de veram, com esas nuves que tenhem formas diferentes e cada um de nós bota a voar a sua imaginaçom e ve cousas diferentes. Por certo...fai moito que nom fago isto. As cunchas ao igual que as nuves tamém semelham contar cousas... atopei esta na areia e me sorprendeu a súa forma..eu nom sei se vedes nela o mesmo que vexo eu? Fotografei-na e deixei-na quedar onde estava, na sua praia, no seu mar......

2 comentarios

igt -

penso que é como unha cara, a propia metáfora da vida, unha cara pisoteada na que tan so alguén sabe que existe.

paleon -

As pedras son elementos cheos de vida e como tales comunícanse cos que as saben escoitar.