Blogia
abrilsempre

A Compostela Velha

A Compostela Velha Levo uns dias con moitísimas ganas de saír em compostela, nom atopo o momento, agora mesmo tenho outras prioridades. Onte estivem na Casa das Crechas, fazia bem tempo que nom estava alí. Foi pola tarde e estava quase baleiro... Houbo um momento em que mo imaginei com moita gente, com música, con foliada, em definitiva... com esprito. tenho ganas de saír em Compostela, a Compostela velha, a Compostela nocturna, a minha Compostela. A compostela do Avante, do Tarasca, do Bar-Tolo.... Máis agora mesmo tenho outras prioridades e nom se dam as condiçons necesarias para poder desfrutar da Compostela que descubrim um 25 de abril. Talvez, para o mes...

2 comentarios

Uxio -

Home, ao mellor vería ben unha quedada nocturna dos blogalegos :) Eu pode que me apuntase pero ainda non sei cando terei de novo liberdade para sair.

paleon -

Aquí que tamén se anima a saír pola Compostela Vella (para min sempre nova). Pon día e lugar.