Blogia
abrilsempre

chegarom os ingleses

Como todos os anos por estas datas chegarom os ingleses a comer à tasca. Som clientes habituais de todos os veráns e se fixerom moi amigos dos meus chefes desde hai moitos anos.
En realidade nom som ingleses, som filhos de galegos emigrados a Argentina que à sua vez emigrarom fai moitisimos anos a Inglaterra.
Hoje a senhora perguntame: "... y el gallego que?"
Resposta: o galego de mal em peor.
Nom sei exactamente a que referia com esa pergunta, mais foi o que me saíu. nota: estes deixam moi boas propinas, hoje convido eu aos cafés com gelo e crema
Polo demais nada novo no frente. Sigo esperando que chegue um dia por alí o tipo que me dixo que me ia denunciar por levarlle umha tapa de polbo a outro antes que a el. Por certo, para este senhor chamo-me Joam Carlos Gómez Parada e tenho um DI que nem sequera lembro. Ou outro que nom volveu aparecer desde que lhe botei 4 cubitos de gelo ao cubata en vez de 2, antes que me chamara "as de dios"

1 comentario

paleón -

...baixo,baixo a tomar ese café con xeo...