Blogia
abrilsempre

Desta vai

Desta vai A verdade é que esta campanha de marketing da asemblea comarcal de Compostela está tendo moito éxito. eu estou encantado coa minha pulseria de Destavai.com. ánimo.

Non somos tristes, non queremos ser tristes
Temos ideas, alegría, temos forza para camiñar contra corrente.
Traballamos arreo, temos propostas e DESTA VAI!
Desta vai por que estamos fartos de ter que falar con medo.
Desta vai porque non queremos máis cotas.
Desta vai porque non nos gusta o chapapote.
Desta vai porque non queremos máis desprezo.
Desta vai porque falamos a lingua do país.
Desta vai porque temos a forza dos nosos ríos.
Desta vai porque Canarias é bo sitio para ir vacacións.
Desta vai porque os enchufes son só para a corrente.
Desta vai porque non nos gusta que nos manipulen.
Desta vai porque somos galegas.
Desta vai porque somos galegos.
Desta vai porque é o noso.

5 comentarios

boedense -

Convencéchesme coa túa arenga. Ía votar ó PP, pero cambiei de opinión. ;) ha ha ha.

Martin Pawley -

Eu quero unha para levar despois do 19-X na que poña "Desta foi".

paleón -

non sei que me dá, xa sabe que son moi educado. Cousas de ir á escuela de pagho.

abrilsempre -

Paleóm. podes-me tutear que hai confiansa ;-)

paleón -

pois vaiase preparando que este sábado temos que estar de promotores comerciais das pulseras do cambio :-)