Blogia
abrilsempre

Estou farto

Estou farto Estou farto de ter que avergonhar-me polo país.
Estou farto de que todo o mundo che pase a mam polo lombo moitos días do ano para falarmos de política, e o día das eleçons renegue de ti e nem che saúdem.
Estou farto de ter inimigos invisíveis por todas partes. Os peores, os que nom dam a cara.
Estou farto de nom poder explicar o por que de que despois de tantas calamidades no país sigamos tendo os mesmos governantes.
Cáese-me a cara de vergonha por viver num país submiso aos intereses doutros, por viver num país onde mandam os que menos se preocupam polos demais, polo benestar social.
Quero ter um país do que poder sentir-me orgulhoso. Onde me poida sentir livre de fazer e pensar o que queira.
Quero viver num país onde nom mire todo o mundo polo seu cú. Um país actual, que leve a nosa lingua com dignidade polo mundo adiante, que leve a nosa identidade como patrimonio da humanidade, com orgulho para que nom quede num museo. No país onde nom só se fale galego para facer anuncios electorais, ou para botarlle de comer aos porcos, senón tamém para falarmos de computadoras, enlaces nucleares ou chatarra espacial.
Quero viver na Galiza do 2005 no 2005, que nom tenhamos que agardar 40 anos para poder desfrutar a Galiza que nos toca agora. Onde as cacicadas nom se vejam como “e-che o que hai”
Quero viver no país onde a gente se faga preguntas, e que confíe em que as cousas se podem cambiar se queremos.
Em sério, estou farto, quero um país novo XA, temos direito

3 comentarios

paleón -

Guau! Tremendo post!! ao 100% contigo

Boedense -

Non comparto esa visión tan catastrofista, aínda que apoio a túa declaración de principios. Un saúdo.

Ossantos -