Blogia
abrilsempre

Cousas antigas

Cousas antigas Eu nom sei que me passa, pero quando vejo cousas antigo emociono-me todo. Nom vou julgar se é bo ou se é malo, máis o que si é certo é que aprecio as cousas que som capaces de sobreviver ao tempo, que se negam a desaparecer e que seguem sendo útiles. Este coche estava aparcado diante da minha casa quando o vim...e ala vou eu, todo emocionado a tirar-lhe fotos a umha reliquia de quase 30 anos. Estou pensando que o meu carro vai caminho de ser umha reliquia como este.... Debe ser outro dos meus traumas, creo que já vos contara o trauma das fotos, pois agora tenho outro para a coleçom, "o trauma das cousas antigas".
Na minha casa nunca se valorarom moito as cousas velhas, sempre iam parar ao lijo, ainda que descubrim fai uns dias que hai algo máis velho que a casa e mais velho que os meus pais... é un neno Xesús nunha cruz de escaiola.... a minha nai valorao por Cristo e eu como nom som crente valoro-o semplemente por velho...

1 comentario

boedense -

Eu tamén sinto fascinación por moitos obxectos antigos pola historia que levan agochados no seu interior. Os meus irmáns sempre se meten comigo por esta teima. Pero sen dúbida o meu grande trauma son as fotos. É unha relación de odio-odio o meu coas cámaras (con dicir que as únicas fotos que conservo da época adulta son todas tamaño carné). Saúdos. GALIZA CEIBE